Sial Ingenieria ˇ Sistema de Gestión Integral de Calidad y Medioambiente
 
EMPRESA
Presentación
SIAL INGENIERÍA, S.L. é unha empresa con vinte anos de experiencia na redacción de proxectos, dirección facultativa e coordinación de seguridade e saúde en obras de construción, no eido da enxeñería rural e medioambiental. A principal destinataria dos servizos da empresa é a Xunta de Galicia sendo, ata hoxe, a Consellería do Medio Rural, o órgano para o que se realizou o maior número de traballos, entre os que se contan: proxectos de infraestruturas rurais, dirección facultativa e coordinación de seguridade e saúde de ditos proxectos e as distintas fases do proceso de concentración parcelaria en distintas zonas de actuación da comunidade.

No eido do medio ambiente, SIAL realizou para a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, proxectos e dirección de obras de selado de vertedoiros, puntos limpos e contedores soterrados. Dependente da mesma Consellería é o Xurado de Expropiación de Galicia. Nos anos iniciais deste organismo e como consecuencia do importante volume de expedientes que eran remitidos o mesmo, SIAL desenvolveu a asistencia técnica para a análise e sistematización dos datos de ditos expedientes.
 

Prodesin.com www.sialingenieria.com