. |
A execución do proceso de reestruturación parcelaria levaraa a cabo a consellería do medio rural a través da dirección xeral de desenvolvemento rural, que actuará a nivel provincial, a través do servizo de infraestruturas agrarias, auxiliado por:
- O comité técnico de reestruturación parcelaria.
- A xunta de titulares.
- A xunta local de zona.
- O grupo auxiliar de traballo.
|
|
1. |
É un órgano de asesoramiento de carácter provincial que ten como función principal a coordinación entre as diferentes actuacións de mellora da estrutura territorial agraria levadas a cabo na provincia e entre os diferentes organismos que teñen relación cunha actuación concreta para cada zona de reestruturación parcelaria. O comité emitirá informes non vinculantes naqueles temas especificamente sinalados na lei.
A súa composición é multidisciplinar, xa que está composto por persoal de distintos departamentos e administracións (autonómica, provincial, local e estatal). |
|
2. |
Está integrada pola totalidade das persoas titulares dun dereito de propiedade ou de uso e gozo de carácter agrario e polos titulares de explotacións agrarias de terras afectadas polo proceso de reestruturación.
Son funcións da xunta de titulares, que exercerá ata o momento da aprobación do acordo:
- Elixir os seus representantes e suplentes na xunta local de zona e no grupo auxiliar de traballo.
- Propoñer á xunta local de zona a substitución dunha ou varias das persoas que a representan nela, ou no grupo auxiliar de traballo, polas causas taxadas na lei.
|
|
3. |
É un órgano colexiado formado por:
- Presidencia, con voto de calidade: xefe/a do servizo provincial de infraestruturas agrarias.
- Secretaría, con voz pero sen voto: letrado/a do servizo de infraestruturas agrarias.
- Asesoría, con voz pero sen voto: persoa do equipo técnico agronómico da empresa contratada para a realización material dos traballos.
- Vogalías:
- Alcalde.
- Catro representantes da xunta de titulares.
- Técnico/a do servizo de infraestruturas agrarias encargado da zona.
- Técnico/a da oficina agraria comarcal.
- Xefe/a do servizo provincial de montes.
- Representante do banco de terras.
As funcións da xunta local son:
- Colaborar co servizo provincial de infraestruturas agrarias en todo aquilo para o que sexa requirida.
- Emitir informe sobre as bases e o acordo de reestruturación parcelaria.
- Emitir, por propia iniciativa, informes sobre cuestións relacionadas coa reestruturación parcelaria ante o servizo provincial.
|
|
4. |
Está formado polos titulares de dereitos de propiedade ou de uso e gozo de carácter agrario residentes dentro da parroquia onde radique a zona de reestruturación, e ten como función asesorar e colaborar coa xunta local e co equipo técnico, especialmente nos traballos de clasificación de terras (fixación das clases de terra, determinación das parcelas tipo, coeficientes de compensación e estudo das reclamacións de clasificación na enquisa das bases).
Está constituído por un mínimo de catro persoas e un máximo do 3% das persoas que integra a xunta de titulaes, procurando que estean representadas todas as entidades de poboación incluídas dentro deo perímetro de reestruturación. |
|
|
|